Xa está en marcha a III Ruta Enduro Triacastela 2025

A III Ruta Enduro Triacastela 2025, organizada un ano máis polo Team Zennon de Becerréa en colaboración co Terremoto Club de Triacastela está a percorrer a Serra do Oribio, polos municipios de Triacastela, Samos, Pedrafita e Folgoso do Courel.
O obxectivo principal da ruta é a conservación do rural e a súa revitalización, coa priorización do mantemento de camiños e pobos.
Os organizadores tamén subliñan o seu compromiso coa recuperación de camiños históricos que levan máis de 40 anos en desuso, co fin de manter viva a tradición e a conectividade nas zonas rurais. Ademais, fomentan a práctica de deportes en contacto coa natureza, tanto a pé como a motor, nunha busca de combinar a aventura e a protección do medio ambiente.
A III Ruta Enduro Triacastela promete ser, de novo, un evento único, onde se celebra o deporte e se pon en valor a beleza do rural galego.