Xa está en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2024

SarriaXa
O concurso organízase co obxecto de promover, promocionar e potenciar o sector da hostalería de Sarria
tapicheo-sarria
6 Dec 2024

Xa está en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2024, celebrando a súa XVII edición esta ponte da Constitución e os vindeiros 13 e 14 de decembro.

O concurso organízase co obxecto de promover, promocionar e potenciar o sector da hostalería de Sarria, dando visibilidade á gastronomía local co obxectivo de converterse nunha ferramenta para desestacionalizar e a dinamizar a actividade do sector no municipio.

Os establecementos participan tes son 17 locais: D’Orixen, Adarve, París, Al Paso To Go, 8 Mm, Camping-Parrillada Sarria, Pan Team, Barullo Gastrobar, Cubano, O Turuta, Central, Vilas, Next, Dp Cristal, Don Pepe, Restaurante O Chanto e o Hotel Alfonso IX.

As persoas que participen no Tapicheo e percorran os 17 bares poderán entrar no sorteo dunha viaxe, e as persoas que completen a tarxeta de votación cun mínimo de establecementos poderán ga ñar a outros agasallos, como comidas ou lotes de produtos.

0.14513206481934