Xa está todo preparado para desfrutar da XXVI Feira da Tenreira Galega de Láncara

SarriaXa
Este é "un evento que representa o mellor da nosa terra, da nosa gandería e da nosa gastronomía", explica o alcalde, Darío Piñeiro
Feira-da-Tenreira-de-Láncara-2024-gando
13 Apr 2025

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, convida a veciños e veciñas así como outras persoas de concellos da comarca de Sarria, da provincia de Lugo, de toda Galicia e de fóra dela a desfrutar da Feira da Tenreira Galega, "un evento que representa o mellor da nosa terra, da nosa gandeiría e da nosa gastronomía".

Ao longo destas vinteseis edicións, esta feira consolidouse como unha referencia imprescindible, promovendo o noso produto estrela e mantendo viva a nosa tradición", sostivo Piñeiro.

Así, os vindeiros 30 de abril e 1 de maio o recinto feiral transformarase nun espazo vibrante onde a música, a artesanía, a agricultura e a gandeiría serán as protagonistas. "Como cada ano, poderemos disfrutar da poxa e concurso de gando vacún ademáis do esperado sorteo dunha becerra", destacou.

Concretamente, o programa do día 30 acolle a XVI Festa dos Avós a partir das 12.30 horas. Ás 13:00 horas terá lugar actuación musical do Dúo Dilema, que tamén volverá actuar ás 16.30 horas; e ás 13.45 horas comezará a comida na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

Pola súa parte, o 1 de maio, comezará a XXVI Feira da Tenreira Galega ás 10.00 horas coa exhibición das Escolas Deportivas no Pavillón Municipal. Xa ás 12:00 horas recibiranse ás autoridades e abriranse os postos, con degustación gratuita de queixos artesáns, sidra ecolóxica do país. Ás 12:30 horas haberá unha poxa de varias xovencas e ás 12.45 horas terá lugar un percorrido polo recinto feiral e visita ás instalacións do gando á vez que terá lugar a actuación do grupo de música tradicional Val de Láncara.

Xa ás 13:15 horas terá lugar o pregón a cargo de Quiara Pardiñas Prieto da SAT O Palomar de Ronfe, ás 13:30 horas haberá unha sesión vermú a cargo de Punto Clave e ás 14.00 horas será o xantar, con carne de Terneira Galega Suprema. Pola tarde, a partir das 17:00 horas terá lugar a exhibición ecuestre, ás 17.45 horas será a entrega de premios do concurso de gando vacún e sorteo becerra; e ás 18:30 horas actuará o grupo Punto Clave.

⚙ Configurar cookies
0.16993689537048