Xa hai datas para a celebración do XIII Master Sarria Futbolín 2025

Xa hai data para unha das citas máis agardadas polos afeccionados ao futbolín: o Master Sarria Futbolín celebrará a súa décimo terceira edición os vindeiros 31 de outubro, 1 e 2 de novembro, consolidándose como un dos torneos de referencia a nivel galego e estatal.
A competición contará un ano máis co apoio institucional da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria, o que reforza o seu peso tanto no eido deportivo como no social.
Como é tradición, o torneo contará coas modalidades habituais: movemento, parado, feminino, ciego e local, garantindo así un amplo abano de participación para xogadores e xogadoras de diferentes niveis e perfís.
A Asociación Sarria Futbolín, promotora do evento, aspira nesta edición a seguir ampliando a repercusión do campionato e a atraer participantes de toda a xeografía peninsular.
Na edición de 2024, o Master repartiu 9.000 euros en premios entre as distintas categorías, un atractivo que contribúe a consolidar o prestixio dun torneo que combina competición, convivencia e promoción local.