Xa hai finalistas dos premios ao sector comercial da provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación e a Federación de Comercio dan a coñecer os finalistas dos premios ao sector comercial, entre 100 negocios participantes
gala premios outono comercio deputacion
3 Dec 2022

A Deputación de Lugo acolleu na mañá deste venres a reunión do xurado dos premios ao sector comercial da provincia organizados pola institución en colaboración coa Federación Galega de Comercio no marco dunha campaña que promoven conxuntamente co obxectivo de poñer en valor esta actividade e incentivar o consumo nos establecementos de proximidade.

Optaron aos galardóns máis de 100 negocios minoristas da provincia e rexistráronse 10.000 votos populares.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o presidente da Federación do Comercio, José María Seijas, participaron no encontro, no que se deron a coñecer os 15 comercios máis apoiados na fase de votación popular e, polo tanto, os finalistas. Son os seguintes:

  • Nadira Aljayde, de Quiroga; a Parafarmacia Conde Santo, de Lourenzá, e Wellness Area, de Monforte, na categoría de Mellor Traxectoria Individual.
  • Almacenes Méndez, de Meira; Calzados Losal, de Monforte, e a Panadería Pallares, de Sarria, na de Continuidade Empresarial.
  • Bicos de Fío, de Meira; Miss Mariquita e Pekes, ambas de Lugo, son os tres finalistas na de Dixitalización.
  • Bico de Grao e El Ricón de tu Olfato, de Lugo, e a Herboristería Milenrama, de Chantada, na de Comercio Sostible
  • E Apisacra, de Monforte; A Badorna, de Parga; e Isla, de Foz, na categoría de Mellor Comercio de Barrio.

Na reunión, o xurado decidiu o primeiro, segundo e terceiro posto entre estes finalistas máis votados pola veciñanza, unha clasificación que se fará pública na Gala de Outono do Comercio da Provincia de Lugo, que se celebrará o vindeiro 15 de decembro no Pazo de San Marcos.

García Porto felicitou aos comercios finalistas e incidiu en que esta nova colaboración da Deputación coa Federación de Comercio “é froito do noso compromiso firme e permanente” para sacar adiante “proxectos que dinamicen a economía e o emprego da man do tecido asociativo vinculado aos sectores produtivos máis importantes da nosa provincia”. “Cremos que así, mediante o diálogo e a cooperación, é como as políticas públicas son máis eficaces e responden mellor ás necesidades plantexadas”, asegurou.

Sorteo de 200 bonos de 50€ entre os consumidores

Así mesmo, e ante notario, na xornada de hoxe sorteáronse 200 bonos de 50€ -un total de 10.000€- entre as persoas participantes na fase de votación popular dos premios ao comercio. O listado dos gañadores daraos a coñecer a Federación de Comercio nos vindeiros días tras comprobar a autenticidade dos datos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1487500667572