Xa se coñecen os gañadores do certame provincial das Letras Galegas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Biblioteca pública de Lugo deu a coñecer a relación de nenos premiados no Certame de Narración e Debuxo infantil das Letras 2021
ganadores letras galegas biblioteca
15 Jun 2021

Un total de 28 escolares de Lugo foron premiados no Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2021, que organiza a Biblioteca Pública Provincial de Lugo coa colaboración das bibliotecas municipais da provincia.

O tema deste ano era unha reflexión sobre o artigo 37 da Convención sobre os Dereitos do Neno: O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural.  

O xurado do certame estivo formado por María José Gómez Rodríguez, xefa do Servizo de Coordenación Cultural en Lugo; María Isabel Pérez Fórneas, directora da Biblioteca Pública de Lugo, Manuel Gulín, pintor; Ana Carreira, escritora e Xulio Xiz Ramil, xornalista, que actuou como secretario.

En Narración Categoría A, ata 8 anos, os premios outorgados foron para Uxía Núñez Gómez de Burela, Fabián Pérez González de Ribadeo e Mateo Pardiñas Hermida de Alfoz. 

Na categoría B, de 9 a 11 anos, o primeiro foi para Adrián Vázquez Louzao de Antas de Ulla, o segundo para Víctor López Pérez de Burela e o terceiro para Victoria López Veiga de Ribadeo.

Na categoría C, de 12 a 16 anos, os agasalladores foron Sara Méndez Seijo de Lugo o primeiro, Claudia García López de Ribadeo o segundo e Marta Ortíz González de Ribadeo o terceiro.

Houbo tres accésits, para Nerea Quiroga Rodríguez de Monforte de Lemos, Ruth López González de Lugo e para Hugo Santiso Castro de Antas de Ulla.

No certame de debuxo e na categoría A os gañadores foron Sofiya Insua Evtyukova de Viveiro, Antón Abad Fraga de Burela e Ariana Prieto Fernández da Pastoriza. Nesta categoría houbo tres accésits, o primeiro para María Maseda López de San Cosme de Barreiros, o segundo para Jaime Louzao Yáñez de Burela e o terceiro para Aldara Núñez Gómez de Burela.

Na categoría B, os premiados foron Sonia Rodríguez Martín de Monforte de Lemos, Elena Rivera Díaz de Viveiro e Jimena Domínguez de Burela. E Antón Castro Castillo da Pobra de Brollón e Daniel Vidal Martínez de Outeiro de Rei levaron senllos accésits.

Na categoría C, o primeiro premio foi para Claudia García López de Ribadeo, o segundo para Kaley Álvarez Cuéllar de San Cosme de Barreiros e o terceiro para Jimena García Varela de Monforte de Lemos. Gabriela López Mesa de Antas de Ulla e Chaymac Yousfi de Monforte de Lemos levaron dous accésits polos seus traballos.

0.14576101303101