Xa poden solicitarse permisos para realizar queimas de restos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas e ao calor.
queima, lume
19 Oct 2021

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá mércores, día 19 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Máis información, aquí: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/defensa-monte/permisos-queimas


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17462801933289