Xa se coñecen os horarios das aulas de música e baile tradicional do Incio

SarriaXa
O curso 2025/2026 ofrecerá formación en gaita, percusión, acordeón e movemento musical, ademais de clases de baile para todas as idades
nenos-aulas-de-música-O-Incio
10 Oct 2025

O Concello do Incio colabora coa ANPA Ricardo Gasset do CEIP do Incio nunha nova edición das aulas de música e baile tradicional para o curso 2025/2026.

As clases de música desenvolveranse os venres no Colexio do Incio e estarán impartidas por Pablo Fernández López e Daniel Fernández López.

Pablo Fernández encargarse de Música e Movemento, dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 7 anos, de 18:30 a 19:15 horas, así como do grupo de Percusión para adultos, de 19:30 a 21:00 horas.

Pola súa parte, Daniel Fernández impartirá as clases de Percusión para maiores de 8 anos, de 20:00 a 21:00 horas, e o grupo de Gaita e Acordeón, tamén para maiores de 8 anos e adultos, de 21:00 a 22:00 horas.

As clases de baile tradicional celebraranse os xoves no antigo mercado gandeiro e estarán impartidas por Branca Albán. Haberá dúas quendas: Baile pequenos, de 16:30 a 17:30 horas, e Baile adultos, de 19:00 a 20:00 horas.

O prezo das actividades é de 10 euros por actividade e mes, e a matrícula debe formalizarse no Concello do Incio, chamando ao teléfono 982 427 014.

⚙ Configurar cookies
0.063781976699829