Xa se pode facer a ruta literaria Camilo Gonsar de Sarria de maneira libre e autónoma

SarriaXa
A ruta literaria componse por 11 placas que se atopan en lugares significativos da vida do autor e noutros onde se desenvolve a obra 'Desfeita' do autor sarriao
Parque-do-Chanto-Sarria 1
19 Aug 2024

A páxina web do Concello de Sarria conta xa coa nova audioguía da ruta literaria Camilo Gonsar de Sarria, desenvolvida por Rubén Grilo, Antón Fortes e María Ramos na parte física; e polo concelleiro César No na parte virtual.

Esta nova audioguía homenaxea ao artista sarriao Camilo Gonsar e á súa novela ‘Desfeita’, que acolle moitas localizacións en escenarios típicos de Sarria.

Así, a ruta literaria componse por 11 placas que se atopan en lugares significativos da vida do autor e noutros onde se desenvolve a súa obra, nos que hai uns códigos QR que dan acceso á parte da audioguía que explica dito lugar.

As placas da ruta literaria atópanse no parque do Chanto, Ponte Ribeira, na rúa Benifno Quiroga, na rúa dos Viños, na Unión, no Casino, na rúa Maio, no antigo cuartel da Garda Civil, no hotel Roma e na Estación, onde remata o percorrido.

A intención é que as persoas poidan facer unha ruta de forma autónoma e libre, seguindo cada parada ata completar a ruta enteira, ou pódese facer por tramos.

Ademais da ruta individual e autónoma que se pode facer a través da audioguía, seguirá habendo rutas guiadas, que se organizarán cada certo tempo, conducidas por Silvia Mondelo desde O Chanto.

0.1555769443512