Xa se pode solicitar praza no comedor escolar da Escola de Educación Infantil Xela Arias

O Concello de Sarria vén de abrir o prazo de solicitude para o servizo de comedor escolar da Escola de Educación Infantil Xela Arias de cara ao curso 2025/2026.
O período de presentación de instancias estará aberto entre o 1 e o 5 de setembro, mentres que o alumnado de nova matriculación poderá realizar a solicitude no momento de formalizar a matrícula.
As familias deberán entregar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben a través do rexistro electrónico.
O servizo ofrece dúas modalidades: usuario esporádico, para aqueles nenos e nenas que empreguen o comedor en días puntuais, cun prezo de 3 euros por xornada, e usuario fixo, para o alumnado que acuda todos os días lectivos do mes, cun custo de 2,32 euros diarios, con posibilidade de bonificación segundo a ordenanza municipal. Ademais, o programa ten como obxectivo fomentar hábitos alimentarios saudables entre os escolares.
Deste xeito, o Concello de Sarria subliña que con este servizo búscase facilitar a conciliación das familias e garantir o benestar dos nenos e nenas que cursan entre 3º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria na EEI Xela Arias.