Xa se pode visitar a exposición de Mail Art en Sarria

Xa se pode desfrutar na Antiga Prisión Preventiva, Oficina Municipal de Turismo de Sarria da exposición de Mail Art do Camiño de Santiago.
A exposición estará ata o día 17 de decembro e pódese visitar dende as 9.00 ata as 14.00 horas.
Mail Art
O "mail art" ou arte postal é unha forma de expresión artística que consiste na total liberdade de intercambio de calquera documento ou obxecto artístico que poida circular a través dos servizos postais e que ten como único obxectivo a comunicación. Correos pretende poñer en valor as obras de arte postal e difundir no noso país esta corrente artística internacional nada nos anos 50 para establecer correntes de comunicación alternativas aos circuítos oficiais de arte.
