Xa se pode visitar a exposición 'Miradas, mulleres na arte' de Elsa Martínez na Biblioteca de Samos

SarriaXa
A mostra busca homenaxear ás mulleres que se destacaron no mundo da arte, así como a aquelas que permaneceron no anonimato
exposición-mulleres-na-arte-de-Elsa-Martínez-Samos
26 Mar 2026

A Antiga Biblioteca de Samos acolle a exposición 'Miradas, mulleres na arte' da artista Elsa Martínez, aberta de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas ata o 29 de abril.

A mostra busca homenaxear ás mulleres que se destacaron no mundo da arte, así como a aquelas que permaneceron no anonimato. Reúne 41 retratos de artistas de distintas disciplinas: pintoras, escultoras, escritoras e actrices, etc. desde o século XVI ata o XX, empregando diversas técnicas como acrílico, collage, lápiz, acuarela e incluso plastilina utilizada de forma pictórica.

Entre as protagonistas desta exposición destacan M.ª Louise Élisabeth Vigée Le Brun, Sofonisba Anguissola, Camille Claudel, Daphne du Maurier, Leonora Carrington, Gerda Wegener, Frida Kahlo, Pier Angeli, Virginia Woolf e Maruja Mallo.

Para facer máis fincapé neste traballo, o Concello de Samos organiza unha visita guiada ás 11:00 horas e, posteriormente, celebrarase un obradoiro ata as 14:00 horas.

0.13509011268616