Xa se pode visitar a mostra ''Nós tamén fomos migrantes' da Axencia EFE en Samos

SarriaXa
A mostra inclúe 40 imaxes sobre a migración galega e española
Nós-tamén-fomos-migrantes-exposición-Samos
27 Maio 2024

O Concello de Samos acolle a exposición ‘Nós tamén fomos migrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX’ da Axencia EFE, despois de firmar un convenio de colaboración entre o Concello, Abanca e Afundación, co que tamén se desenvolverá unha charla sobre migración.

A mostra, que estará exposta ata o vindeiro 23 de xuño, está localizada na Biblioteca Municipal de Samos e consta de 40 imaxes da emigración procedentes do arquivo da axencia.

Pola súa parte, a charla ‘Fálame da emigración’ desenvolverase o día da inauguración, este mércores, no que participarán tamén alumnos e alumnas do colexio de Samos para achegarlles testemuñas de persoas maiores na emigración, reflexionando sobre motivacións para emigrar, as dificultades e aprendizaxes.

0.11641693115234