Xa se coñecen os gañadores da carreira Xacorun
LugoXa | SarriaXa
Xa se coñecen os gañadores da carreira Xacorun que foi desde Sarria e Paradela ata Portomarín en 23 e 20 km respectivamente
28 Feb 2023
A edición da carreira Xacorun, que saíu desde Sarria cara a Portomarín, rematou coa vitoria de Alain Sardinero e María Jesús Conde na modalide de 23 km e coa de Jorge García e Benigna Toirán na de 10 km.
Na de 23 quilómetros, que partiu ás 9.30 horas do Concello de Sarria cara a Portomarín polo Camiño de Santiago, Alain fixo un tempo de unha hora, 29 minutos e 40 segundos, mentres que María Jesús quedou un minuto por detrás ao facer un tempo de unha hora, 30 minutos e 42 segundos.
Pola súa parte, na modalidade de 10 km, os participantes foron desde Paradela a Portomarín e Jorge fixo un tempo de 31 minutos e 57 segundos, mentres que Benigna estivo pouco por detrás, con 32 minutos e 6 segundos.