Xabier Vizcaíno lanza unha nova canción como antesala do seu próximo traballo discográfico
SarriaXa
O cantautor do Incio aborda nesta canción unha realidade presente na vida cotiá
18 Xuño 2024
O cantautor do Incio, Xabier Vizcaíno, coñecido polas súas emblemáticas composicións como 'Sete Chorares' ou 'Camiños', vén de lanzar o seu novo sinxelo 'Tóxico'.
Este tema serve como adianto do que será o seu próximo traballo discográfico e a canción mantén a esencia melódica que caracteriza ao compositor do Incio, pero introduce unha temática novidosa: o amor tóxico.
Vizcaíno aborda nesta canción unha realidade presente na vida cotiá pero que, ata agora, non explorara nas letras das súas composicións.
“Sempre escribín sobre o amor, pero nunca tratara esta faceta, 'Tóxico' fala dunha historia de amor no mundo tóxico que estamos creando», explica o artista.