Xogadores da SD Sarriana visitan o CEIP Samos para animar ao alumnado a asistir ao partido contra o Langreo

O CEIP Samos viviu unha xornada moi especial coa visita de dous xogadores do primeiro equipo da SD Sarriana, Tomi Berardozzi e Maycon Douglas, que se achegaron ao colexio para invitar ao alumnado a desfrutar do vindeiro partido que o equipo disputará contra o U.D. Langreo no campo da Ribela, en Sarria.
Tras a entrega das entradas, os xogadores animáronse a xogar un partido cos nenos e nenas, compartindo risas e momentos de diversión que converteron a visita nunha experiencia memorable para todo o alumnado.