Xurxo Souto presenta en Sarria o seu libro Pangalaica
SarriaXa
Mañá, sábado 29 de maio, na casa da Cultura de Sarria, ás 12.30,Xurxo Souto presenta o seu libro Pangalaica.
28 May 2021
Mañá, sábado 29, na casa da Cultura de Sarria, ás 12.30,Xurxo Souto presenta o seu libro Pangalaica. Neste libro publica os artigos que realizou para Nós diario no pasado ano 2020 durante o confinamento e meses posteriores.
O acto de presentación está organizado pola biblioteca Fiz Vergara Vilariño, do IES Gregorio Fernández, coa colaboración de: Galería Sargadelos, Editorial Galaxia e Concello de Sarria.
Xurxo Souto é un recoñecido músico e escritor galego, gran divulgador da cultura e da lingua do noso país. Tamén traballado para a radio e a televisión de Galicia e neste momento é profesor de Latín, Grego e Cultura Clásica no IES Gregorio Fernández de Sarria.