Yésica Ríos, do Club de Lectura Letras Vivas: “De toda literatura pódese sacar unha ensinanza”

SarriaXa
Falamos con Yésica Ríos, promotora do club de lectura consciente ‘Letras vivas’ de Sarria
Yésica-Ríos-Club-de-lectura-Letras-Vivas-Sarria
16 Nov 2025

Jessica Fernández

Como xorde o club de lectura?

Primeiro, para min mesma, quería compartir os libros que lía, aqueles que tiñan unha ensinanza detrás, e preguntarlle a alguén que que lle parecía. Era moi difícil atopar persoas que lesen o mesmo ca min e, ademais, que tivesen ganas de analizalos. Por iso decidín crear o meu propio club de lectura hai un ano. A verdade é que houbo poucos participantes, pero a xente que chegou foi a que tiña que vir. Gustaríame que fose máis numeroso, pero creo que ás persoas que participaron lles gustou, porque hai unha literatura que non é só de autoaxuda, non é só iso; calquera libro pode ter unha ensinanza. No pasado lemos obras moi diversas, desde Os catro acordos, que é un clásico deste estilo, ata Frankenstein ou Sen Noticias de Gurb. O importante é fomentar a lectura e, despois, facer unha análise persoal do que podemos aprender e levar para a nosa propia vida.

A que se refire con consciente?

Cando falo dun club de lectura consciente  refírome a que non só leemos por entretemento, senón para tomar consciencia do que os libros espertan en nos. Cada historia é unha oportunidade para observar as nosas emocións, crenzas o formas de ver la vida. En Letras Vivas non buscamos analizar a obra dende o técnico, senón dende o humano: que nos remove, que nos inspira o que nos invita a cambiar. Es una lectura que nos axuda a coñecernos mellor e vivir con máis presenza. Porque mesmo nos libros máis teóricos, como por exemplo Os catro acordos, que ofrecen catro consellos, xorde a pregunta: e agora, que fago con esta información? Entón, cando ves o que opina outra persoa, cando dis “eu faría isto”, esa combinación de puntos de vista axúdache a comprender mellor e a saber por onde saír e como levalo á práctica. Tamén fomentamos o aprendizaxe, porque podemos sacar ensinanzas para a vida diaria. Tratamos esa parte en terceira persoa, porque na vida persoal eu xa non me meto; falamos todo o tempo de libros, mais cada quen leva moita aprendizaxe persoal. Frankenstein, por exemplo, que che ensinou? Pois que non todas as aparencias son o que parecen, algo tan básico e, ao mesmo tempo, tan profundo. Sen Noticias de Gurb, que é unha comedia, tamén che permite traballar esas aparencias, o humor, e sacar aprendizaxes como a responsabilidade, cando ás veces nos responsabilizamos máis do que deberiamos. Houbo moitos consellos que a xente sacou dos libros, cousas nas que nin eu mesma chegara a pensar, pero é bonito falar dun libro e aprender con outras persoas, porque cada quen ve as cousas dunha maneira diferente.

Cantas veces se reúnen?

Reunímonos unha vez ao mes, os venres ás 19.30 horas no Ecoespazo Vitriol de Sarria, onde nos deixan un espazo para poder comentar os libros durante hora e media, máis ou menos. A xente que veu o ano pasado marchaba con outra cara despois da conversa, porque aprendemos que tamén é importante expresas as emocións. Quizais sentiches odio cara a unha personaxe, e é normal. Traballamos moito as emocións, as habilidades brandas. E, sobre todo, saímos cunha ensinanza.

Cal é a liña a seguir para elixir os libros?

A liña para elixir os libros en Letras Vivas parte de algo moi sinxelo: que as historias nos toquen por dentro. Busco libros que nos inviten a conectar coas nosas emocións, a recoñecer o que sentimos e a poñerlle palabras a iso que a veces costa expresar. Tamén me interesa que as lecturas nos axuden a reflexionar sobre os nosos valores ou necesidades emocionais, porque ó final iso é o que guía moitas das nosas decisións no día a día, tanto persoais como profesionalmente. Entre Os catro acordos, Os sete hábitos da xente altamente eficiente, ou Walden, todo tiña sentido na miña cabeza, e quen os leu entendeu por que fun elixindo eses libros, todos na mesma liña, non faltou algo dramático como Stoner ou unha comedia. Quería reflexionar sobre o que nos fai sentir e o que podemos sacar de nós mesmos. Foi moi interesante, e esta nova etapa vai ir un pouco por esa mesma dirección. Este ano a idea é seguir afondando nesas emocións que moitas veces nin recoñecemos. Non se trata de empezar a falar aquí das emocións propias, senón de observalas a través dun libro. Ler unha historia e dicir: “isto fíxome sentir contenta” ou “isto fíxome sentir triste”. É ese tipo de análise, pero a través dun terceiro, por dicilo así. Tamén queremos poñer en valor as chamadas habilidades brandas: a empatía, o traballo en equipo, a autodisciplina… esas cousas que sempre están aí e que van xurdindo ao longo das lecturas.

Cales son as seguintes lecturas programadas?

Temos programadas unha lectura por mes, de outubro a xuño do ano pasado. No mes de setembro comezamos por Me comparo contigo de Carmen Malvi, que ademais nos acompañoun e foi unha experiencia incrible. Logo, en novembro o libro será No me puedes lastimar de David Goggins; en decembro, El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher; en xaneiro de 2026, Martes con mi viejo profesor de Mitch Albom; en febreiro, La elegancia del erizo de Muriel Barbery; en marzo, El hombre en busca de sentido de Viktor Frankl; en abril, Siddhartha de Hermann Hesse; en maio, La ridícula idea de no volver a verte de Rosa Montero; e en xuño, El alquimista de Paulo Coelho.

Que aporta este club de lectura a Sarria?

Letras Vivas aporta a Sarria un espazo diferente, onde no só se ven a ler, tamén a sentir, reflexionar e compartir dende a consciencia. Aquí as historias conéctanse coas emocións e a vida cotidián. Non buscamos só entender os libros, senón entendernos a través deles. É un punto de encontro para as persoas que queren parar, conversar y reconectar consigo mesmas Calquera club de lectura é interesante. A diferencia entre o noso e o Club de Lectura da escritora Yolanda, que se celebra na Casa da Cultura, é que nese fálase máis da literatura, gramática, análises das personaxes... todo iso está súper ben. Nós non analizamos a retórica, analizamos o que un libro nos produce a nós, entón pódese participar nos dous, incluso, son complementarios.

Cal é o obxectivo do club de lectura Letras vivas?

Por agora estou moi contenta, o que quero é que sexa máis coñecido, que veña máis xente, aínda que só sexa un día para coñecernos e que saiban de que falamos. Quizais ao dicir que é “consciente”, a xente pensa que é pechado, pero non. Nós vimos aquí, tomamos algo durante hora e media e falamos do libro. Non facemos grandes experimentos psicolóxicos, falamos das personaxes e do que nos fan sentir, e cada un ábrese o que queira. Tamén me gustaría poder traer máis autores para poder falar con eles e elas das súas obras. Estamos abertas, ademais, a que calquera poida expresar a súa creatividade con nós. Con respecto ás participantes, quero fomentar tamén que cada unha delas se sinta impulsada tamén a escribir. Eu doulles cunha libreta ao principio do ano para que escriban nela todo o que senten lendo o libro e incluso que a usen como diario.

⚙ Configurar cookies
0.065809011459351