Yolanda Álvarez presenta no Incio o conto 'O misterio do tulipán'

SarriaXa
Yolanda Álvarez presenta este mércores no Incio o seu conto 'O misterio do tulipán'.
ceip ricardo gasset o incio
ceip ricardo gasset o incio
22 Nov 2023

Yolanda Álvarez presenta este mércores no Incio o seu conto 'O misterio do tulipán'. A proposta terá lugar no CEIP Ricardo Gasset e comezará ás 11.30 horas.

O primeiro conto desta autora de Bóveda é unha obra que permite reflexionar sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller e a importancia do bo trato e o coidado cara a todas as persoas e seres vivos que habitamos neste planeta.

Tanto os seres máis diminutos, como os máis grandes, merecen respecto e cariño e isto será algo que a protagonista deste misterio nos vai a axudar a entender mellor. Ademais do contacontos, realizarase un obradoiro no que se vai a crear o 'Fanzine do bo trato'.

Yolanda Alvarez Misterio do Tulipan
0.13724112510681