Yolanda Díaz é a premiada do XXII Premio Ramón Piñeiro Facer País

SarriaXa
O recoñecemento, promovido pola Asociación Val de Láncara, foi decidido por un xurado e presentado no Consello da Cultura Galega
Presentación-Premio-Ramón-Piñeiro-Láncara
31 Oct 2024

Lucía Arrojo, da Asociación Cultural Val de Láncara reuniuse con Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, para presentar un ano máis o Premio Ramón Piñeiro Facer País.

Nesta XXII edición do premio recoñecerase a Yolanda Díaz Gallego o seu labor, polo que se lle entregará o premio o vindeiro 9 de novembro en Láncara.

O acto tivo lugar na biblioteca do Consello de Cultura, un lugar onde se falou desta XXII edición e da premiada Yolanda Díaz Gallego. "Repetimos os nosos agradecementos, porque nunca son suficientes, a Rosario, por darnos sempre a oportunidade de presentar o premio en tan boa compañía e manter un contacto moi fluído, e tamén a Xurxo por acompañarnos sempre neste premio, permitíndonos desfrutar do seu tempo e talento", sostiveron desde a Asociación Cultural Val de Láncara.

Pola súa parte, o fallo do xurado sostivo que "este ano traemos unha proposta que familiares e amigos definen coma a historia viva de Galicia. Sendo muller nun mundo de homes, especialmente nos anos que a ela lle tocou vivir a súa xuventude, polo que premiamos a Yolanda Díaz Gallego".

⚙ Configurar cookies
0.36150312423706