Yolanda Díaz Gallego presenta en Láncara o seu libro “Decidín desvelar o proceso”

SarriaXa
A autora, gañadora do Premio “Facer País” 2024, participa nun encontro literario organizado por Láncaralendo
Yolanda-Diaz-libro
13 Oct 2025

A escritora Yolanda Díaz Gallego visitará o concello de Láncara o domingo 19 de outubro para presentar a súa nova obra literaria titulada Decidín desvelar o proceso.

O acto terá lugar ás 12:00 horas na antiga escola de Láncara e está promovido polos clubs de lectura Láncaralendo, en colaboración coa Asociación Cultural Val de Láncara e a editorial O Mirador dos Libros.

Díaz Gallego, recoñecida co Premio “Facer País” no ano 2024, compartirá co público a xénese e o contido da súa nova publicación, nun encontro que busca achegar a literatura contemporánea á veciñanza e fomentar o diálogo arredor da escrita e a creación literaria.

A cita forma parte do programa de actividades culturais impulsadas en Láncara, que nos últimos anos consolidou unha intensa axenda de eventos vencellados á lectura e á promoción da cultura galega, reafirmando o compromiso do municipio coa difusión da literatura e coa dinamización do seu tecido cultural.

⚙ Configurar cookies
0.064743995666504