Yolanda Gallego doa unha pintura á Sociedade A Unión

SarriaXa
A figura de Gallego volverá estar presente na vida cultural do municipio este xoves día 6, cando a Casa da Cultura acolla a proxección do documental 'Sempre en Galicia'
Yolanda-Díaz-Gallego-Sociedade-La-Unión
3 Nov 2025

A artista sarriá Yolanda Gallego agasallou á Sociedade A Unión cunha obra pictórica da súa autoría, un detalle feito público durante o magosto celebrado na entidade. O xesto produciuse no marco das actividades culturais impulsadas pola sociedade, nun encontro que reuniu a socios e veciñanza na tradicional celebración outonal.

A figura de Gallego volverá estar presente na vida cultural do municipio este xoves día 6, cando a Casa da Cultura acolla a proxección do documental Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración. A peza repasa os 75 anos da histórica emisora uruguaia Sempre en Galiza, na que Gallego colaborou durante numerosos anos, contribuíndo a manter o vínculo entre a diáspora e Galicia a través das ondas.

O documental, dirixido por Xan Leira e xa presentado noutros concellos galegos así como no Consello da Cultura Galega, afonda nos inicios da emisión o 3 de setembro de 1950 en Montevideo e na traxectoria dun programa radiofónico que continúa en antena setenta e cinco anos despois, convertido nun símbolo da memoria galeguista no exterior.

⚙ Configurar cookies
0.068835020065308