Youcanthide e Sila Lua actuarán o vindeiro 29 de xullo no marco do DHU Vila de Sarria

SarriaXa
Youcanthide e Sila Lua actuarán o vindeiro 29 de xullo no marco do DHU Vila de Sarria, que acollerá o mini DHU
youcanthide
22 Xul 2023

Os organizadores do DHU Vila de Sarria seguen traendo sorpresas a esta décima edición, á que ademais de sumarse a actuación de Grisón Beatbox o 28 venres, o vindeiro 29 de xullo, sábado, haberá varias novidades.

En primeiro lugar, ademais de ter lugar o Mini DHU dos menores de idade e de ser os adestramentos do DHU dos adultos, Sarria acollerá un show acrobático no que se enfrontarán bici e moto de trial.

Por outra parte, o grupo de música rock YoucanThide actuará en directo, mostrando a unión do rapero Kaixo e a banda de guitarras Kings Of The Beach para crear un post-punk de marcada enerxía rock.

Xa por último, a novidade que presentaron recentemente desde o DHG Team é a do concerto de Sila Lua, a artista e productora galega que xoga entre a música urbana e a electrónica experimental.

0.12010812759399