Zumba, ximnasia rítmica e ioga dance son as actividades organizadas pola Anpa de Láncara
SarriaXa
A Anpa do CPI Ramón Piñeiro de Láncara organiza actividades extraescolares para os nenos e nenas do colexio e do municipio lancarés.
4 Out 2023
A Anpa do CPI Ramón Piñeiro de Láncara organiza actividades extraescolares para os nenos e nenas do colexio e do municipio lancarés.
Estas actividades consisten no desenvolvemento de zumba kids junior, ximnasia rítmica e ioga dance, que terán lugar polas tardes despois do colexio.
Así, zumba kids junior impartirase os martes ás 16.30 horas, Ana; mentres que ximnasia rítmica será os mércores ás 15.40 horas, con Lucía. Por último, ioga dance terá lugar os xoves, ás 15.40 horas, con Ana G.F.
As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo pagando unha cota mensual e chamando ao número 608 898 901.