Axenda
O Incio acollerá en agosto a segunda edición do seu campus de fútbol dirixido a nenos e nenas
A actividade desenvolverase do 4 ao 8 no campo municipal de Carboeiro e contará con prazas limitadas a 20 participantes
A Noite Meiga de Sarria acollerá o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Meigas e Trasgos presenta unha nova edición deste evento con concertos, espectáculos e a tradicional danza, coa colaboración das tres institucións administrativas
Vilasouto celebrará as festas na honra á Santa Cruz do 2 ao 4 de agosto
O lugar do Incio acollerá tres días de celebración cunha queimada popular, sesións vermú e actuacións das orquestras Vivarium, Principal, Galilea, Greasse e D’Kris
O Concello de Paradela organiza viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto
As saídas realizaranse todos os xoves, con destino a diferentes praias da contorna
Lucía Pérez dará un concerto o 4 de xullo no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte
A cantante do Incio forma parte do cartel desta edición, que incluirá tamén as actuacións do grupo Searas e A Banda da Loba
Sarria dá comezo á conta atrás para unha edición histórica do seu Festival Internacional de Maxia
A vila prepárase para unha semana enteira de ilusión e espectáculos, do 18 ao 24 de agosto, estendendo por primeira vez a duración do festival a sete días completos
Sarria celebrará o Festival Bos Tempos, unha viaxe ao pasado musical dos 80, 90 e 2000
A Sociedade La Unión converterase nun espazo de celebración que combinará ritmos nostálxicos con propostas actuais
O Esmorga Fest de Sarria xa ten datas confirmadas para a súa décima edición
A organización xa anunciou que o vindeiro 22 de maio comezarán as primeiras confirmacións de artistas para esta edición tan especial
Xa hai datas para a celebración do XIII Master Sarria Futbolín 2025
Como é tradición, o torneo contará coas modalidades habituais: movemento, parado, feminino, ciego e local
A IV edición do Mercadiño Solidario Malicounda Teranga terá lugar o 7 de xuño
Organizado pola ONG Hospitaleros sin Fronteras, o mercado ofrecerá diferentes produtos na Praza da Vila de Sarria
Todo listo para a III Concentración Motera de Sarria Bikers
O evento dará inicio este venres, 9 de maio, coa apertura de inscricións ás 18:00 horas, seguida dunha pancetada e o concerto do grupo Malenne
Nace en Sarria o Festival Porta do Son, promovido por mozos apaixoados pola música e a cultura
O obxectivo é "consolidar Sarria como un referente cultural e musical dentro do panorama galego, ofrecendo unha proposta de lecer de calidade que dinamice a vila"
Peleriños organiza, con motivo do Día das Letras Galegas, a iniciativa 'O cantar e o tocar'
O fin é render homenaxe ás Pandeireteiras e á Poesía Popular Oral, xa que este ano o 17 de maio estará dedicado ás cantareiras e pandeireteiras
A Asociación O Noso Lar organiza unha excursión a Taramundi o 17 de maio
O prezo por persoa é de 65 euros e inclúe o autobús, guía acompañante, traslado en microbús a Teixois, entrada ao conxunto etnográfico, comida en restaurante e seguro de viaxe
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Tradescola organiza o XII certame de debuxo 'O baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega'
Sarria celebra con éxito a Festa do Porco á brasa en Taíde
A xornada combinou gastronomía, música e bo ambiente nun evento que reuniu a veciños e visitantes
A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha cea do xabaril con baile o 26 de abril
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 19 de abril
A Louband de Sarria presenta as súas próximas actuacións para o mes de abril e de maio
Con estas actuacións, a banda de música amenizará os diferentes concellos, onde a veciñanza poderá desfrutar dun evento inesquicible
Ars Combinatoria vén de anunciar a celebración do IX Curso de Verán para mozos músicos
Este evento está destinado a mozos e mozas músicos de entre 12 e 18 anos que toquen algún instrumento, formando parte de Ars Principia
A Asociación Crearte de Sarria presenta a programación na Palleira para a primavera
Todas as actividades desenvolveranse en Manán e están abertas á participación de todas as persoas interesadas
Val do Mao, no Incio, celebrará as súas grandes festas os días 15 e 16 de maio
As festas contan coa colaboración de numerosos negocios locais e co apoio da Deputación de Lugo a través da área de Cultura
As festas de Taíde, en Sarria, terán lugar os días 5, 6 e 7 de xullo
O evento contará con música, gastronomía e actividades que prometen facer gozar a veciños e visitantes
Sarria Bikers organiza a III Concentración Motera o segundo fin de semana de maio
Durante tres días, os amantes das motos poderán gozar de rutas, concertos, exhibicións e diversas actividades nun evento aberto a todo o público
A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe a Portugal
O itinerario inclúe tres días: visita a Cascais e Estoril no primeiro día, visita guiada a Lisboa no segundo día e percorrido por Coimbra e Portugal dos Pequenitos no terceiro día
Láncara acollerá un curso gratuíto sobre plantas aromáticas e medicinais
O curso será impartido por María Frá Bagaria, recoñecida experta na materia e a formación está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas





