Axenda
A Asociación Cultural Peleriños de Sarria presenta a súa programación de maio
O mes incluirá propostas para todas as idades, desde a Feira de San Isidro ata obradoiros de canto e danza e a celebración do Día das Letras Galegas
O Concello de Sarria impulsa novas formacións gratuítas en competencias dixitais para a cidadanía
O programa inclúe cursos de iniciación e creación de contidos con intelixencia artificial durante o mes de maio
A ANPA do colexio da Asunción de Sarria organiza ASUNFEST, unha xornada de encontro o 30 de maio
A celebración incluirá visitas ao centro, actividades de convivencia e unha cea con pinchos no Meigallo
A concentración moteira de Sarria confirma a actuación de Neverloura no seu programa
O encontro, que se celebrará do 15 ao 17 de maio, combinará rutas, música e actividades de lecer durante tres xornadas
Todo listo para a XXVII Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara
A programación inclúe a XVII Festa dos Avós o 30 de abril e a feira gandeira o 1 de maio, con música, exhibicións e degustacións
Sarria acolle un concerto dobre de rock con Titano e Atávico o 7 de maio no Buril Acde
Dúas bandas internacionais traen rock e enerxía ao escenario da vila a partir das 21:30 horas
O thrash metal de Deathgeist aterrará en Buril o 29 de abril
A banda brasileira promete un concerto intenso cun directo contundente para os amantes do metal máis extremo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Día do Veciño 2026 celebrarase o 18 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
A XXIV edición reunirá a veciños de toda a provincia con música, baile, artesanía e actividades deportivas
Sarria<30 levará formación e emprendemento cultural aos sete concellos da comarca a partir de maio
O proxecto impulsado por Ouvirmos inclúe laboratorios especializados en distintos municipios e un evento central o 30 de maio na Praza de Abastos de Sarria
Quiroga enxalza o seu ouro líquido coa celebración da Mostra do Aceite
A XXVI edición da cita gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia, reunirase os días 14 e 15 de marzo
As festas de San Xoán de Sarria serán do 23 ao 27 de xuño cun amplo programa de actividades
O campo de rugby e o entorno da Rúa Castelao volverán ser o principal escenario das celebracións, mentres que a tradicional Noite do Lume terá lugar no campo da feira
Triacastela acolle o terceiro aniversario da Furgoteca cunha xornada aberta á veciñanza
O CEIP Eduardo Cela Vila será o escenario dunha celebración que contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma o 27 de febreiro de 11.30 a 13.30 horas
Láncara acollerá unha gran xornada de pesca e natureza o 22 de febreiro
O evento, baixo o lema “Aprende, disfruta, comparte”, incluirá un amplo programa de actividades dirixidas tanto a persoas con experiencia como a quen se inicia no mundo da pesca
O Festival Terra Brava 2026 do Incio xa ten data confirmada
A cita musical mantén a súa aposta polos sons do país tras unha edición anterior celebrada o 16 de agosto cunha ampla representación de bandas
A Pretorian Race Sarria Xtreme 2026 xa ten data
A carreira celebrarase o 25 de abril en Sarria e as inscricións abriranse o martes 20 de xaneiro ás 9:00 horas
Sarria empeza o ano cunha intensa programación cultural para todos os públicos
Concertos, teatro, contacontos, obradoiros e literatura marcan a axenda cultural do mes de xaneiro
Peleriños promove un obradoiro de Nadal para construír pandeiros este domingo
O curso, impartido por Xosé Maceda, permitirá a maiores e pequenos crear o seu propio instrumento e aprender a tocalo
O Festival Ribela Love Nature 2026 celebrarase o 21 e 22 de agosto en Sarria
O evento de música electrónica volverá a converter a localidade no epicentro do panorama underground europeo, combinando artistas internacionais e talento galego
A AC Taekwondo xa ten en marcha a II edición do Open do Camiño Vila de Sarria
O evento reunirá entre 400 e 500 deportistas e combinará competición oficial infantil e actividades de iniciación para todos os niveis
Louseiro acolle unha nova edición do San Martiño Caníbal este sábado
A asociación Os Gorriós de Sarria é a encargada de organizar esta festa xa consolidada no calendario local, que cada ano reúne veciños e visitantes
O San Martiño Caníbal regresa a Sarria con música, festa e tradición o 8 de novembro
A asociación Os Gorriós de Sarria organiza unha nova edición desta popular celebración en Louseiro, con actuacións gratuítas e verbena nocturna
A Biblioteca Camilo Gonsar de Sarria lanza o seu “Reto Lector”
Unha proposta que anima a ler dez libros en dez meses, con diferentes temáticas e pequenas recompensas para quen complete o desafío
Sarria celebra o 25 de outubro a XIX Festa dos Maiores no Pavillón dos Institutos
A xornada inclúe actuacións musicais, un xantar de confraternidade e unha homenaxe ás parellas que celebraron as vodas de ouro neste 2025
Láncara celebra as súas festas cun amplo programa do 5 ao 8 de setembro
As orquestras Sinfonía, Principal e Punto Clave, así como o grupo La Fábula, DJ Min e a formación Caivanca marcarán as catro xornadas festivas




