O Festival Terra Brava do Incio reforza a súa programación coa colaboración da Xunta

SarriaXa
O evento celebrarase o 15 de agosto cunha nova edición impulsada pola asociación Terra Brava e novas incorporacións musicais
Festival-Terra-Brava-O-Incio-26
27 May 2026

A Xunta de Galicia renovou a súa colaboración co Festival Terra Brava do Incio, que celebrará o 15 de agosto unha nova edición impulsada pola asociación Terra Brava.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión co alcalde do Incio, Héctor Corujo, e co presidente da agrupación promotora, Luis Valcárcel, para coñecer os detalles da programación deste ano, na que se incorpora a actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria, patrocinada pola Xunta.

A formación achegará ao festival unha proposta renovadora da música tradicional galega, combinando as potentes voces das súas vocalistas con arranxos innovadores para percusión tradicional, nun estilo cheo de forza, identidade e conexión coa terra. Súmanse así a outras propostas xa anunciadas pola organización, como a Charanga Bicoia, Lamatumbá, La Trocamba e Calle Mambo.

0.12512302398682