O Verbena Fest de Sarria anuncia as datas da súa oitava edición e os primeiros artistas confirmados

GaliciaXa | SarriaXa
O festival celebrarase o 31 de xullo e o 1 de agosto en O Meigallo e Bar Don Pepe, consolidando a súa proposta de unión entre tradición e música contemporánea
Cartel-portada-Verbena-Fest-Sarria
28 May 2026

O Festival Verbena Fest de Sarria acaba de anunciar as datas de celebración da súa VIII edición e os primeiros confirmados.

Desde a organización destacan que o Verbena Fest é “moito máis ca un festival; é un espazo de encontro que mestura o espírito das verbenas tradicionais co ritmo e o carácter da música contemporánea, sen perder as raíces locais”.

O evento celebrarase o 31 de xullo e o 1 de agosto en O Meigallo e Bar Don Pepe.

Os primeiros confirmados son Portosanto, que chega ao Verbena Fest cun son que mestura nostalxia, intimidade e forza emocional; Cora Yako, que chega ao Verbena Fest cun directo capaz de facerche chorar, cantar e suar a partes iguais; Monoulious Dop, poucas bandas representan tan ben o caos, a retranca e a enerxía dunha festa sen freos; e Lumedoloop, proxecto formado por Jamas, Møu e DJ Mil, que chega ao festival cunha proposta intensa, honesta e sen artificios, construída desde a palabra, o ritmo e a actitude.

0.12988901138306