Triacastela acollerá a actividade ‘Envellecer con enerxía’ de Afalu Alzheimer o 28 de maio

A asociación Afalu Alzheimer impartirá en Triacastela a actividade “Envellecer con enerxía”, unha proposta centrada na promoción do envellecemento activo e saudable.
O encontro terá lugar o 28 de maio ás 17:00 horas no local social Fonte do Lunar e está dirixido a persoas interesadas en mellorar a súa calidade de vida a través de hábitos e dinámicas que favorezan o benestar físico e emocional no proceso de envellecemento.
As inscricións previas deberán realizarse nos Servizos Sociais do Concello de Triacastela.