O Grupo Xacobeo Rutas Sarria organiza un cruceiro polo Douro con visita a Porto os días 25 e 26 de xullo

A Grupo Xacobeo Sarria vén de presentar unha nova excursión para este verán cunha proposta turística que combinará navegación polo río Douro e visitas culturais en Portugal. A viaxe desenvolverase os días 25 e 26 de xullo baixo o título “Cruceiro polo Douro: Regua a Oporto”.
A programación arrancará o día 25 cun cruceiro de sete horas polo Douro Vinhateiro, incluíndo dous descensos de esclusas, aperitivo e comida a bordo. Durante o percorrido, os participantes poderán contemplar as paisaxes características do Val do Douro, coñecido polos seus viñedos e contornas naturais.
Xa na segunda xornada, o día 26, realizarase unha visita guiada por Oporto, ademais dunha comida en hotel e unha visita a unha adega da zona.
Segundo a información facilitada pola organización, o prezo da excursión será de 295 euros para socios e de 320 euros para non socios, cun suplemento individual de 60 euros.
A viaxe inclúe transporte en autobús, cruceiro, comidas, aperitivo, cea e aloxamento do día 25, ademais da visita guiada a Oporto, almorzo, comida, visita á adega e seguros. O aloxamento realizarase no Hotel Vila Galé, situado en Oporto.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar reservas no teléfono 609 027 518.