O grupo de teatro Argalleiras leva a obra Ler ou non ler a Pobra de San Xiao

SarriaXa
O grupo de teatro Argalleiras leva a obra Ler ou non ler a Pobra de San Xiao, o sábado 19 de novembro ás 12.00 horas
teatro
teatro
15 nov 2022

Este sábado 19 de novembro terá lugar no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao a representación da obra de teatro Ler ou non ler, da man da compañía Argalleiras.

Esta representación que terá lugar ás 12.00 horas, enmárcase dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2022 e é un conto teatralizado que fará as delicias de tódolos asistentes.

A obra Ler ou non ler ten unha duración dunha hora e foi creada por Francisca Abeledo, que é tamén a súa directora.

Sinopse

Tres extravagantes e simpáticas mulleres adícanse a pasear cos seus carriños cheos de libros polos parques e xardíns das vilas. Mostran un amor especial polos libros e a lectura, por ler e por contar historias. Así é como tratan de contaxiar a súa paixón a todas aquelas persoas que se achegan a escoitalas.

teatro lancara