Samos acollerá unha charla informativa sobre 'Os servizos no fogar e consumo responsable'

SarriaXa
O vindeiro xoves, 18 de abril, o Concello de Samos acollerá unha charla informativa sobre ‘Os servizos no fogar e consumo responsable’.
10 abr 2024

O vindeiro xoves, 18 de abril, o Concello de Samos acollerá unha charla informativa sobre ‘Os servizos no fogar e consumo responsable’.

A través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, as persoas que se acheguen a esta charla poderán saber máis sobre luz e gas, prezos, etiquetado e demais cuestións relacionadas.

Será ás 12.00 horas na casa do Concello e será necesaria a inscrición a través do número 982 546 002 para poder participar desta iniciativa.