34 deportistas da AC Taekwondo Sarria clasificáronse para o Campionato Galego de Taekwondo
A AC Taekwondo de Sarria participou esta fin de semana no Campionato Deputación que se celebrou en Taboada organizado polo Club Neka de Monforte.
Esta fase provincial clasificatoria do Campionato Autonómico clasifica a un total de un terzo dos participantes de cada categoría, polo que desde a Escola din que "clasificar non é nada doado".
Porén, conseguiron clasificar a 34 deportistas de todas as idades, desde os 5 aos 50 anos, xa que non só foron equipos infantís, senón tamén se animaron os adultos a participar e probar unha nova experiencia, xa que o campionato é de modalide de formación e permitiu a participación de todas as persoas.
O adestrador da AC Taekwondo Sarria, Álex Losada, sostén que as sensacións foron "moi positivas" e que teñen "moi bos ánimos de cara ao Campionato Galego que terá lugar esta vindeira fin de semana en Nigrán".