A AC Taekwondo de Sarria acadou oito medallas durante o campionato escolar de poomsae

SarriaXa
A AC Taekwondo de Sarria competiu en Taboada na fase provincial do campionato escolar de poomsae con 22 deportistas que acadaron un total de 8 medallas.
AC Taekwondo Sarria en Taboada poomsae
15 Abr 2024

A AC Taekwondo de Sarria competiu en Taboada na fase provincial do campionato escolar de poomsae con 22 deportistas que acadaron un total de 8 medallas.

Segundo o adestrador Álex Losada, son “uns resultados fantásticos, xa que para todo o equipo era a súa primeira participación nun campeonato”.

Concretamente, Mateo Pontón, Gael Goyanes e Anxo Teijeiro conseguiron o ouro no trío benxamín maculino; Pablo Ferreira, Izan Arias e Christopher Marcano acadaron a prata como trío benxamín masculino; e Mauro García, Lucas Díaz e Martín López conseguiron o bronce en dita categoría.

Pola súa parte, Maëlys Veiga e Martín Varela fixéronse coa prata como parella benxamín e Carla Rodríguez e Mateo Pontón conseguiron o bronce na mesma categoría.

Con respecto aos alevíns, Ginés Díaz e Olivia Gallent acadaron o bronce como parella alevín e Dani Montes, Dani Rivas e Noel Préstamo tiveron un bronce como trío alevín. Finalmente,  Martín Varela acadou un bronce en alevín masculino.

Así, conclúen que “todos os competidores fixeron un gran traballo a pesar da falta de experiencia e o pouco tempo que levan adestrando”.

0.084293127059937