A AC Taekwondo logra 34 medallas no Campionato Provincial en idade escolar de Monforte

SarriaXa
O club sarriao sumou 10 ouros, 12 pratas e 12 bronces e buscará prazas para o autonómico do 9 de maio
Campionato-Provincial-en-idade-escolar-26-AC-Taekwondo-Sarria-maiores
27 Apr 2026

A AC Taekwondo Sarria participou no Campionato Provincial en idade escolar celebrado en Monforte de Lemos, unha cita organizada polo Club Taekwondo Neka e na que estaba en xogo a clasificación para o campionato autonómico previsto para o próximo 9 de maio. A entidade sarriá regresou cun balance de 34 medallas, repartidas en 10 ouros, 12 pratas e 12 bronces.

Entre os primeiros postos acadados polo club figuran as medallas de ouro da parella B formada por Claudia Fernández e Brais Lombardero, da parella benxamín integrada por Carla Rodríguez e Martín Varela, así como os títulos individuais benxamíns de Martín Varela e Carla Rodríguez. Tamén subiron ao máis alto do podio a parella alevín composta por Mateo Pontón e Aylén Pumarega, o trío benxamín feminino formado por Adriana Fernández, Iria López e Triana Suárez, e o trío alevín masculino integrado por Mateo Pontón e Izan Rigueiro.

Completaron os ouros Brais Lombardero en categoría cadete masculina, Aarón González en xuvenil masculino e o trío xuvenil masculino formado por Aarón González, Lucas Trebolle e Matías Gallent.

As medallas de prata chegaron a través de Sergio Castro en benxamín masculino, da parella benxamín composta por Daniela Maside e Sergio Castro, e do trío infantil feminino formado por Alba González, Clara Argiz e Alejandra Díaz. Tamén lograron segundos postos o trío benxamín masculino de Lucas Díaz, Mauro García e Martín López, o trío benxamín feminino de Eire González, Yaslin López e Valeria Castro, Aylén Pumarega en alevín feminino e Izan Rigueiro en alevín masculino.

A relación de pratas complétase co trío alevín feminino formado por Candela Varela, Nerea Rubio e Zulema Varela, a parella infantil de Alba González e Daniel Rivas, o trío infantil masculino integrado por Noel Prestamo, Martín Cedrón e Mario Fernández, Claudia Fernández en cadete feminino e Lucas Trebolle en xuvenil masculino.

Pola súa banda, os bronces foron para Mauro García en benxamín masculino, a parella benxamín formada por Christopher Marcano e Cloe Gómez, os tríos benxamíns masculinos compostos por Leo Pumarega, Alessandro Benformatto e Izan Pontón, así como por Martín Torrente, Nathan Fernández e Iago Muñoz. Tamén obtiveron terceiro posto Daniela Maside en benxamín feminino, a parella infantil de Clara Argiz e Daniel Montes, o trío infantil masculino de Daniel Montes, Brais Vázquez e Pedro Jacob, Arancha Riveiro en cadete feminino, Cleo Celeiro en xuvenil feminino, Matías Gallent en xuvenil masculino e o trío xuvenil feminino formado por Alma de Sousa, Cleo Celeiro e Noa Choren.

Ademais, tamén participaron na competición Matías Pardo, Mario Pérez, Adri Díaz, Alma de Sousa, Leyre López, Gabriel e Nico González, Naiara Muñoz, Ginés Díaz e Martín Jato. Desde o club trasladaron os seus parabéns a toda a expedición polos resultados acadados e polo esforzo realizado durante a xornada.

0.11587715148926