A AC Taekwondo Sarria consegue 58 clasificacións para o Campionato Galego na fase provincial de Taboada

SarriaXa
O club participou con 82 deportistas de todas as idades na Copa Deputación e completou a fin de semana con sesións de adestramento de combate e Poomsae en Marín e xunto ao Taekwondo Couto
Copa-Deputación-AC-Taekwondo-Sarria-Taboada-26
16 Nov 2026

O AC Taekwondo Sarria conseguiu 58 clasificacións para a fase autonómica, que se celebrará o vindeiro 28 de novembro, tras participar esta fin de semana na fase provincial da Copa Xunta de Galicia, disputada en Taboada. O club sarriao acudiu finalmente con 82 deportistas de todas as idades, despois de varias baixas de última hora.

A entidade destacou a elevada participación e os resultados obtidos nunha competición que considera unha boa oportunidade para iniciarse no deporte competitivo, independentemente da idade ou da experiencia previa. Desde o club felicitaron tanto os deportistas clasificados como aqueles que non conseguiron o pase, e puxeron en valor o traballo realizado por todo o equipo e a evolución individual dos participantes.

A actividade non rematou coa competición provincial. Parte do equipo de combate desprazouse a Marín despois do campionato de Poomsae para participar nunha concentración organizada por Iván García, na que tamén recibiron consellos e orientación de David Robleto.

Ademais, o club participou nunha dobre sesión de adestramento cos compañeiros do Taekwondo Couto, con traballo específico de combate e Poomsae para preparar o próximo Campionato de España de Clubs.

0.1415798664093