A AC Taekwondo Sarria inicia a tempada con dez medallas no Open Vila de Moaña

SarriaXa
O club sarriao conseguiu dúas pratas na xornada de combate e oito medallas na de técnica, con catro ouros, unha prata e tres bronces
AC-Taekwondo-Sarria-Open-Moaña-26
6 Oct 2026

A AC Taekwondo Sarria iniciou a nova tempada de competicións cunha destacada actuación no Open Vila de Moaña 2026, onde conseguiu un total de dez medallas entre as probas de combate e técnica.

Na xornada do sábado, dedicada ao combate, Pablo Ferreira acadou a medalla de prata na categoría infantil P5 masculina, mentres que Izan Rigueiro conseguiu outra prata en precadete P9 masculino. Tamén participou nesta xornada Mario Fernández.

O domingo foi a quenda das probas de técnica, nas que o equipo sarriao sumou oito medallas. Martín Varela proclamouse vencedor na categoría benxamín masculina e tamén conseguiu o ouro xunto a Carla Rodríguez na modalidade de parellas RFET A. Brais Lombar acadou outro ouro na categoría cadete infantil masculina.

As medallas de prata foron para Sergio Castro, en benxamín masculino, mentres que Aylén Pumarega e Sergio Castro lograron o bronce na modalidade de parellas RFET A. Carla Rodríguez tamén conseguiu o bronce en benxamín feminino, ao igual que a parella formada por Brais Lombar e Claudia Fernández na categoría RFET B e Mateo Fernández na categoría sénior 1 masculina.

Con este resultado, o AC Taekwondo Sarria regresa á competición tras o parón do verán cun balance de dez medallas e un inicio de tempada positivo.

0.14067482948303