A AC Taekwondo Sarria logra sete ouros, tres pratas e cinco bronces no Open Internacional Cidade de Pontevedra

SarriaXa
O club sarriao destacou nas modalidades de combate, poomsae e freestyle, cun amplo medalleiro e novas experiencias para os seus deportistas
AC-Taekwondo-Sarria-Pontevedra-26
2 Nov 2026

A AC Taekwondo Sarria asinou unha destacada participación no Open Internacional Cidade de Pontevedra, disputado durante a fin de semana nas modalidades de combate, poomsae e freestyle. A expedición sarriá regresou cun importante botín de medallas e cun balance positivo que reflicte a evolución dos seus deportistas, tanto nas categorías individuais como nas competicións por parellas e equipos.

Na modalidade de combate, Pablo Ferreira conseguiu o ouro na categoría infantil P5 masculina e Mario Fernández proclamouse campión en precadete P4 da Liga B. Pola súa banda, Fidel del Río, na categoría máster P8 masculina; Lucas Trebolle, en júnior masculino de -68 quilos; e Izan Rigueiro, en precadete P9 masculino, acadaron a medalla de bronce. O club tamén destacou a actuación de Lucas Trebolle, que venceu dous combates antes de caer ante o representante mexicano. Aaron González, Alba González e Cleo Celeiro participaron igualmente nesta modalidade sen subir ao podio, aínda que Cleo conseguiu gañar o seu primeiro combate por diferenza de puntos.

Os mellores resultados chegaron tamén nas modalidades de poomsae e freestyle, nas que a AC Taekwondo Sarria sumou numerosos podios. Martín Varela conquistou o ouro en benxamín individual, mentres que Carla e Martín venceron en parella benxamín. No trío benxamín masculino, Mauro, Martín e Lucas tamén se fixeron co primeiro posto.

Brais Lombardero logrou dous ouros, en individual cadete-infantil e en parella xunto a Claudia. O medalleiro dourado completouse co trío xuvenil feminino formado por Cleo, Uriel e Alma, e co trío xuvenil masculino integrado por Matías, Samuel e Lucas.

En canto ás medallas de prata, Alma e Lucas conseguiron o segundo posto en parella xuvenil, igual que Sergio Castro e Aylén Pumarega na categoría de parella RFET A. Carla Rodríguez foi prata en benxamín feminino.

O club sumou outros cinco bronces nesta modalidade: Sergio Castro, en benxamín masculino; o trío infantil masculino composto por Ginés, Mario e Dani; a parella benxamín formada por Cloe e Christopher; Samuel Marón, en individual xuvenil masculino; e Mateo Fernández xunto a Lucía Roca, en parella 1.

A participación tamén deixou novas experiencias no freestyle da Liga B, modalidade na que se estrearon Cloe Gómez, Daniela Maside e Martín Varela cunha actuación destacada. Ademais, Alejandra Díaz, Clara Argiz, Alba González, Arancha Riveiro, Mateo Pontón e Pablo Ferreira competiron sen conseguir medalla.

Desde a AC Taekwondo Sarria valoraron o traballo de todo o equipo, destacando a progresión dos deportistas e a importancia das experiencias adquiridas durante unha fin de semana de competición intensa. A próxima cita para o club será a Copa Xunta de Galicia.

0.15547680854797