A AC Taekwondo Sarria participa no Open de España 2026 con sete deportistas

A AC Taekwondo Sarria participará esta fin de semana no Open de España 2026 de Taekwondo, que se celebrará en Ciudad Real, cunha expedición de sete deportistas, a máis numerosa na historia da entidade.
No equipo destacan os debuts a nivel nacional de Carla Rodríguez, Sergio Castro e Martín Varela, que competirán na categoría benxamín.
Pola súa banda, Brais Lombardero participará en dúas modalidades, trío junior masculino e individual cadete-infantil masculino. Tamén Mateo Fernández debutará na categoría senior 1 a nivel nacional, competindo en trío 1 masculino e parella 1.
O equipo complétase con Hugo Sánchez, integrante tamén do club Taekwondo Do-Ho, que participará en cadete adulto e parella cadete. Ademais, o adestrador Álex competirá en individual senior 1 e trío 1 masculino.
A expedición afronta así unha cita de máximo nivel nacional que supón unha importante oportunidade de experiencia e proxección para os deportistas do club.