A AC Taekwondo Sarria pecha a tempada proclamándose campioa absoluta no Open TKD Praia Nazaré

A AC Taekwondo Sarria puxo o peche á súa tempada competitiva cun destacado éxito internacional tras proclamarse campioa absoluta do III Open TKD Praia Nazaré, celebrado durante a fin de semana en Nazaré, Portugal. O torneo desenvolveuse nun escenario pouco habitual, coa competición disputándose directamente sobre a area da praia, unha circunstancia que supuxo un reto engadido para os participantes debido ás altas temperaturas e ás condicións específicas da superficie.
A expedición do club conseguiu ademais importantes resultados nas clasificacións xerais, rematando en primeira posición en Kups femininos, primeira posición en Dan masculinos, primeira posición en Dan femininos e segunda posición en Kups masculinos, uns resultados que permitiron ao equipo conquistar o título absoluto do campionato.
No apartado individual e colectivo, o club regresou cun balance de 10 medallas de ouro, 4 pratas e 7 bronces. As medallas de ouro foron para Carla Rodríguez en sub-9 feminino; Martín Varela en sub-9 masculino; a parella formada por Martín Varela e Carla Rodríguez; Aylen Pumarega en sub-11 feminino; Ginés Díaz en sub-11 masculino; a parella integrada por Aylen Pumarega e Ginés Díaz; Mateo Fernández en categoría júnior masculina; Alex Losada en sénior 1 masculino; a parella cadete formada por Hugo Sánchez e Abi Martínez; Iria Gasamáns en sub-40 feminino e Miguel López en máis de 51 masculino.
As catro medallas de prata chegaron da man de Mauro García en sub-9 masculino; o trío integrado por Claudia Fernández, Uriel Gutiérrez e Cleopatra Celeiro; Brais Lombardero en categoría cadete-adulto e Ruby Solana en sub-30 Kup feminino.
Pola súa parte, os bronces foron acadados por Sergio Castro en sub-9 masculino; Cloe Núñez en sub-9 feminino; Claudia Fernández en sub-14 feminino; Uriel Gutiérrez en sub-17; a parella formada por Uriel Gutiérrez e Samuel Maron en sub-17; Hugo Sánchez en cadete-adulto e Rubén Varela en sub-50 masculino, ademais da parella formada por Rubén Varela e Verónica Quiroga.
Desde o club tamén quixeron felicitar aos seus compañeiros do club DOHO polos resultados obtidos, con medallas de ouro para Abi en categoría cadete-adulto e Manuel Muñoz en PARA-TKD, así como pratas para Ángel Sánchez en sénior 2 e Mónica Bernardo en sub-60 feminino.
A entidade tamén destacou o esforzo dos deportistas que non conseguiron subir ao podio pero contribuíron ao bo papel do equipo: Lucas Díaz, Martín López, Christopher Marcano, Pablo Ferreira, Izan Rigueiro, Mario Fernández, Marta Calván, Clara Argiz, Alejandra Díaz, Alba González, Laura Díaz, Matías Gallent e Lucas Trebolle.
Este torneo reuniu máis de 350 deportistas e rexistrou máis de 400 participacións, ademais de converterse para moitos integrantes da AC Taekwondo Sarria na súa primeira experiencia internacional.