A agrupación de carniceiros da comarca de Sarria denuncia que o matadoiro siga pechado

SarriaXa
O colectivo asegura que as instalacións levan máis de 20 días sen actividade por unha avaría nun compresor e reclama a reapertura inmediata do servizo
matadoiro-Sarria
7 May 2026

A agrupación de carniceiros da comarca de Sarria denunciou o peche continuado do matadoiro comarcal, unhas instalacións que permanecen sen actividade desde o pasado 15 de abril. Segundo explican desde o colectivo, ese día comunicóuselles a suspensión temporal do servizo debido a unha avaría nun compresor.

Os profesionais sinalan que xa transcorreron máis de 20 días desde o peche sen que se procedese á reparación da incidencia nin se lles facilitase información sobre o alcance da avaría ou unha previsión para a súa solución. A situación, indican, está a provocar importantes prexuízos para o sector.

Neste sentido, a agrupación critica que o equipo de goberno volve demostrar, ao seu xuízo, un “total desinterese” polos profesionais afectados, que se ven obrigados a asumir custos adicionais e perdas de tempo ao ter que desprazarse a outros matadoiros situados fóra da comarca para poder continuar coa súa actividade.

Ante esta situación, os carniceiros esixen a reapertura inmediata dun servizo que consideran esencial e necesario para garantir o mantemento da actividade económica na comarca de Sarria.

0.12833881378174