A alvariza de Triacastela quere ser promovida para acoller máis eventos

SarriaXa
O Concello de Triacastela quere potenciar a alvariza histórica do municipio como unha sede cultural despois de que o pasado 17 de agosto se celebrara a Festa do Peregrino, o día de San Mamede e unha ruta guiada con Guido Guía e a Fundación Legar.
Festa do Peregrino Triacastela 2
Festa do Peregrino Triacastela 2
3 sep 2023

O Concello de Triacastela quere potenciar a alvariza histórica do municipio como unha sede cultural despois de que o pasado 17 de agosto se celebrara a Festa do Peregrino, o día de San Mamede e unha ruta guiada con Guido Guía e a Fundación Legar.

Durante esta xornada, as persoas participantes achegáronse ata esta construción da montaña lucense, convertida en anfiteatro, para desfrutar da música de raíz interpretada por Xabier Blanco.

Por esta razón, o Concello ten a intención de potenciar e promover que se leven a cabo actividades culturais nesta alvariza para ser escenario de novas actuacións.

Historia da alvariza

A alvariza foi construída por un veciño de Triacastela, Pedro Pardo, no século XIX co obxectivo de protexer os enxames de mel do seu avó do oso que había na montaña.

Porén, nos anos 50 desapareceu o oficio e a alvariza deixou de utilizarse, polo que a Fundación Oso Pardo traballa desde hai anos por recuperar este tipo de estruturas.

Así, esta alvariza, á que se chega despois dun paseo dun quilómetro e medio desde a Praza do Concello, poderá servir para acoller diversas actuacións musicais, actuacións teatrais e actividades para os nenos e nenas do Concello.

0.18872284889221