A Anpa do Frei Luís de Granada organiza diversas actividades para conmemorar o 25N

SarriaXa
A Anpa do colexio Frei Luís de Granada, con motivo do 25 e no marco do seu programa Convivindo na Igualdade organiza unha serie de actividades para o vindeiro sábado, Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
Sarria Frei Luis Granada
Sarria Frei Luis Granada
22 nov 2023

A Anpa do colexio Frei Luís de Granada, con motivo do 25 e no marco do seu programa Convivindo na Igualdade organiza unha serie de actividades para o vindeiro sábado, Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.

Baixo o nome de ‘Eu tamén digo non’, a Casa da Cultura de Sarria será o lugar onde se desenvolvan as actividades, que comezarán ás 17.00 horas coa presentación e lectura do manifesto Fegamp para a ‘Eliminación da violencia contra a muller’ por Ana Isabel Vergara, concelleira de Igualdade do Concello de Sarria.

Tras o comezo, a partir das 17.15 horas terán lugar unha serie de conferencias sobre igualdade e educación, igualdade e familia, da man de María García, educadora social; de igualdade de cultura, da man de Nerea Brei, gañadora do premio de teatro Abrente; e de igualdade e deporte, da man de Adrián López, coordinador do equipo CB Sarria.

Máis actividades

Ademais, presentarase o equipo de fútbol sala Frei Luís de Granada coa equipación ‘Convivindo na igualdade’ e, tamén, terá lugar a actuación en directo de Lorena do Val e Tomi Solano, que porán a música á xornada.

Por outra parte, a Casa da Cultura tamén acollerá un contacontos ás 18.00 horas baixo o nome de ‘A galiña Cocorina’, un Obradoiro de ‘Cociña con papá’ e unhas merendas saudables para os máis pequenos.

Con estas actividades, subvencionadas pola Secretaría de Igualdade, a Anpa Frei Luís de Granada conmemorará unha data de vital importancia para a muller, pero facendo partícipes a todas as persoas, tanto adultos como nenos.

25N Frei Luís de Granada