A ANPA Pícaros de Láncara presenta unha nova actividade extraescolar de música

SarriaXa
A iniciativa, dirixida ao alumnado desde 6º de Educación Infantil ata 4º da ESO, darase a coñecer esta tarde, martes 29 de setembro, ás 16:30 horas no salón de actos do CPI Ramón Piñeiro
colexio-Láncara
29 Sep 2026

O ANPA Pícaros do CPI Ramón Piñeiro de Láncara dará a coñecer esta tarde unha nova actividade extraescolar de música, dirixida ao alumnado desde 6º de Educación Infantil ata 4º da ESO. A presentación terá lugar este martes, 29 de setembro, ás 16:30 horas, no salón de actos do centro educativo, co obxectivo de achegar esta proposta musical ás familias e ao alumnado.

A iniciativa contempla dúas modalidades adaptadas ás diferentes idades. Por unha banda, o alumnado de 6º de Educación Infantil poderá participar nunha actividade de música e movemento, que tamén estará destinada aos nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria.

Por outra banda, a proposta inclúe formación en instrumentos de vento, dirixida ao alumnado de cursos superiores, con opcións como a trompeta, a trompa, o bombardino, o trombón, a frauta traveseira, o clarinete e o saxofón.

Baixo o lema «Aprende, desfruta, comparte, forma parte», o ANPA busca fomentar o achegamento á música desde as primeiras etapas educativas, promovendo a aprendizaxe e a participación a través dunha actividade extraescolar que combina a formación musical coa creatividade.

0.13926482200623