A antiga escola de Láncara acolle este sábado un acto da Asociación Val de Láncara

SarriaXa
Exporanse os traballos realizados polo Certame do Día das Letras Galegas 2024
antiga-escola-lancara
antiga-escola-lancara
14 Xuño 2024

A Asociación Val de Láncara organiza este sábado, 15 de xuño, a partir das 12.00 horas e na antiga escola de Láncara, a exposición de traballos do Certame Letras Galegas 2024.

Desta maneira, todas as persoas que participaran neste certame poderán acudir e ver os premios que se entregarán desde a asociación, por se algún deles tócalles.

Ademais, o escritor Manuel Vázquez presentará o libro 'O prazer da chuvia' e falará do proceso creativo; así como tamén se contará coa música en directo a cargo de José Manuel Brea.

0.15297508239746