A Área de Cultura de Sarria presenta o proxecto do novo centro cultural municipal

SarriaXa
A proposta darase a coñecer este xoves 5 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura e contempla tamén dúas prazas exteriores para actividades e espectáculos ao aire libre
Casa-da-Cultura-Sarria
3 Nov 2026

Sarria dará a coñecer este xoves 5 de novembro o proxecto do seu novo centro cultural municipal, unha proposta que busca concentrar nun mesmo edificio diferentes servizos e equipamentos culturais e crear un espazo de encontro para a veciñanza e os colectivos da vila.

A presentación terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura e permitirá coñecer unha iniciativa que contempla a integración da biblioteca, unha sala de exposicións, a Escola de Música, unha aula CEMIT, unha aula de estudo, salas de ensaio e un novo espazo escénico.

O proxecto tamén inclúe unha intervención no exterior, con dúas prazas abertas e unhas bancadas que permitirán organizar actividades e espectáculos ao aire libre.

A proposta pretende ir máis alá da creación dun novo equipamento municipal e converterse nun lugar de convivencia e colaboración entre asociacións, artistas e veciñanza, facilitando o desenvolvemento de novas iniciativas culturais no municipio.

0.16635990142822