A Asociación As Xeitosas do Incio organiza unha actividade de ioga e danza
SarriaXa
Todas as persoas interesadas en participar desta actividade gratuíta poderán apuntarse chamando a diferentes números de teléfono
7 Oct 2024
A Asociación As Xeitosas do Incio organiza o primeiro domingo de cada mes, de 11 a 12.30 horas unha xuntanza para conectar co corpo.
Así, nesa hora e media impartirase ioga e danza da man de Rosa Acuña, quen promoverá que os asistentes celebren a vida a través do corpo.
Todas as persoas interesadas en participar desta actividade gratuíta poderán apuntarse chamando aos números 680 223 990 ou 670 671 306.