A asociación Chimchiribote representará a obra Contos o día 11 no Incio

SarriaXa
A asociación Chimchiribote representará a obra Contos o día 11 ás 18.00 horas no Edificio Multiusos do Incio
teatro
teatro
4 dic 2022

A asociación cultural  Chimchiribote asistirá o domingo 11 de decembro ó concello do Incio para representar a obra teatral Contos.

O acto terá lugar ás 18.00 horas no Edificio Multiusos do Concello. Esta comedia de creación propia dirixida a tódolos públicos ten unha duración de 50 minutos e está dirixida por Ero Vázquez Cabrera.

En Contos nárrase unha historia ó carón do lume mentres o caldo ferve. Cantas historias non se contarían e contan ó quentiño da cociña? Unha familia estrambótica e realista irá atopando situacións extremas na súa vida cotiá que só o lume poderá solucionar. A quen non lle fai ben botar un conto?!

Asociación cultural Chimchiribote

A asociación cultural Chimchiribote, do concello de Pol, non só leva a cabo representacións ó longo de distintos municipios da provincia senón que conta tamén cunha aula de teatro para tódolos amantes desta arte.

Tódolos xoves a partir das 18.00 horas e ata as 21.30 abren as súas portas a persoas de tódalas idades para que desfruten facendo teatro. Contan xa con arredor de 13 integrantes preparados para montar unha nova peza teatral a partir de xogos e comedias.

Están na Escoliña de Cirio, en Pol. Para apuntarse simplemente hai que chamar ós teléfonos 657 704 929 ou 679 865 866.

teatro chimchiribote portada