A Asociación Crearte promove un obradoiro de movemento e danza este domingo

A Asociación Crearte organiza para este domingo, 25 de xaneiro, unha nova actividade centrada no movemento e na expresión corporal, da man de Noel Quintela.
A proposta consiste nun obradoiro pensado para favorecer o encontro co propio corpo e achegar ás persoas participantes á aprendizaxe do baile desde unha perspectiva aberta e vivencial.
A actividade desenvolverase en horario de 11.00 a 12.30 horas e está dirixida a persoas interesadas en explorar o movemento como ferramenta de expresión e benestar. O custo do obradoiro será de 20 euros e as inscricións poden realizarse a través do teléfono 677 22 94 63.