A Asociación Cultural As Cavarcas do Incio organiza unha recollida e cociñado de cogomelos
SarriaXa
As persoas interesadas en apuntarse e participar poderán facelo a través do número 659 061 819
5 Nov 2024
A Asociación Cultural As Cavarcas do Incio organiza unha recollida e cociñado de cogomelos o vindeiro 17 de novembro.
A saída para a recollida será ás 09.30 horas diante do Concello do Incio e contarase coa participación de Carlos Pérez, presidente da Asociación Micolóxica Os Lactouros de Monforte.
O cociñado será ás 13.30 horas no Restaurante Aira Padrón de Samos cun taller saudable da man de Isabel Mourín. Ao rematar, terá lugar o picoteo e xantar.
As persoas interesadas en apuntarse e participar poderán facelo a través do número 659 061 819. Esta actividade, ademais, conta co apoio da Deputación de Lugo.